Que fas ti? comenzar a aforrar

En E.nova Enerxía acompañámoste en todo o proceso: Realizamos un estudo personalizado do teu consumo, deseñamos a instalación máis eficiente, colocamos as placas solares e encargámonos do mantemento

PPA ON SITE

Que é un contrato PPA ON-SITE e por que pode interesarche?

Unha vez que nos decidimos apostar pola enerxía solar como fonte para o noso negocio, xorde unha pregunta clave: que tipo de contrato de instalación se adapta mellor a min?

O PPA ON-SITE é un acordo ou contrato de compravenda de enerxía producida localmente. En esencia, trátase dun modelo polo cal o cliente cede o uso da súa cuberta, e o provedor de enerxía renovable asume o investimento, a instalación e a operación e mantemento (O&M) dunha planta solar fotovoltaica nese espazo.

A cambio, a empresa paga un prezo fixo por kWh pola enerxía consumida da planta instalada.

Este contrato ten unha duración determinada – normalmente entre 10 e 20 anos – e unha vez finalizado o prazo, a empresa pode adquirir a titularidade da planta solar.

01

O cliente cede unha cuberta para a instalación dunha PSFV

02

e.nova encárgase da promoción e da inversión

03

O cliente pasa a consumir da súa enerxía a un prezo fixo fotovoltáico

04

Aforro dende o momento inicial

05

Encargámonos do O&M, garantía e seguros

06

Duración de 15 anos con opción de compravenda anticipada

Por que escoller un PPA-ON SITE?

Se buscas aforrar, ter previsión nos custos e consumir enerxía limpa, o PPA ON-SITE é para ti

Aforro dende
o primeiro día

Pagarás menos pola túa electricidade. Os prezos son máis competitivos e, con ese aforro, incluso poderás financiar a compra da instalación no futuro

Estabilidade
fronte o mercado

Esquécete das subas da luz: Pagarás un prezo fixo por KWH durante anos e ademáis, sabes que a túa enerxía vén do sol

Enerxía limpa garantida

Contribúes á sustenbilidade sen preocuparte pola parte técnica. Todo baixo control

Sen impacto na
túa débeda

A instalación non computa como investimento nin aparace na CIRBE. Contratas un servizo, non unha infraestrutura

Mantemento incluído

O noso equipo encárgase de todo: Instalación, mantemento e funcionamiento da planta. Ti non te preocupas de nada

Este modelo é ideal para empresas con alto consumo eléctrico que queren centrarse no seu negocio e deixar en mans expertas a xestión enerxética. En e.nova enerxía temos máis de 1 MW en proxectos PPA ON-SITE en distintas fases. Sabemos o que facemos e acompañámoste de principio a fin.

Chave en man

A tranquilidade de deixar todo nas nosas mans.

Os proxectos chave en man son unha fórmula moi estendida nos sectores da enxeñaría e da construción.

Por que un proxecto chave en man?

Permite contratar un único provedor que se encarga de todo o proceso, desde o primeiro estudo ata a posta en marcha e, se se desexa, tamén do mantemento.

01

Primeira visita

Primeira visita

Comezamos cunha visita para coñecer as túas necesidades. recollida a información, realizamos un estudo personalizado: 
potencia necesaria, número de paneis, tipo de inversor…

02

Proposta técnica e deseño

Proposta técnica e deseño

Unha vez aceptada a proposta, elaboramos o deseño da planta e planificamos a execución co máximo detalle.

03

Execución e xestión integral

Execución e xestión integral

Non só nos encargamos da obra, tramitamos:

  • Axudas e subvencións públicas
  • Legalización da planta ante as administracións 
e a compañía subministradora
  • Coordinación de todos os axentes implicados, asegurando o cumprimento de prazos e a resolución de imprevisto
04

Posta en marcha e mantemento

Posta en marcha e mantemento

Unha vez en funcionamento, ofrecémosche mantemento preventivo e/ou correctivo para que a planta opere ao máximo rendemento, favorecendo un retorno máis rápido da inversión.

Por que escoller un Chave en man?

Esquécete
dos trámites

Esquécete
dos trámites. Non terás que xestionar papeleos
nin buscar equipos

Todo en
mans expertas

Delegas nun provedor especializado 
que sabe como optimizar tempos, 
recursos e resultados

Un único 
interlocutor

Unha soa empresa é responsable de todo, o que che da máis control e confianza

Aforro
real

Menos intermediarios, máis eficiencia, menos custos

Menos retrasos, 
mellor planificación

Ao ter unha visión global, o proxecto avanza con máis fluidez de principio a fin

Queremos ser o teu partner enerxético

Solicite o seu estudo personalizado

Sal-icita el teu estudi personalitzat