III edición de Os Almorzos do Obradoiro: a xestión das emerxencias no entorno de traballo

III edición de Os Almorzos do Obradoiro: a xestión das emerxencias no entorno de traballo

A III edición de Os Almorzos do Obradoiro reuniu en Santiago de Compostela a directivos e empresas nunha sesión centrada nun dos aspectos máis críticos, e ao mesmo tempo menos abordados, da xestión empresarial: a resposta ante emerxencias no entorno de traballo. 

Nun contexto no que a maioría das decisións poden planificarse, as emerxencias representan un escenario diferente. Situacións nas que o tempo é limitado, a presión é máxima e as decisións teñen un impacto inmediato sobre as persoas e a actividade da organización. 

A emerxencia como realidade empresarial 

Ao longo da sesión, puxo de manifesto unha idea clave: as emerxencias non son un escenario improbable, senón unha realidade que pode afectar a calquera empresa. 

Neste sentido, xurdiron reflexións relevantes arredor de cuestións fundamentais: 

Como se xestiona unha emerxencia real nunha empresa? Está a organización preparada para actuar cando é necesario? 

Máis alá dos protocolos, a capacidade de resposta depende da preparación, da coordinación dos equipos e da toma de decisións en tempo real. 

Unha visión directa desde a experiencia 

A sesión contou coa participación de Mariano Moares Rial, técnico en emerxencias sanitarias, que achegou unha visión práctica e baseada na experiencia real en situacións críticas. 

A través da súa intervención, baixo o título “Saúde no entorno de traballo: as emerxencias non se planifican”, trasladouse unha idea clara: aínda que non se poden prever, as emerxencias poden xestionarse mellor cando existe preparación. 

A súa experiencia en coordinación de recursos, actuación en escenarios de urxencia e xestión de equipos permitiu achegar aos asistentes unha perspectiva realista sobre o que implica actuar nunha situación crítica. 

Un espazo de reflexión para as empresas 

O encontro desenvolveuse nun formato orientado a dirección, combinando exposición e intercambio de impresións entre os asistentes. 

Este tipo de sesións permiten trasladar ao ámbito empresarial cuestións que, aínda sendo críticas, non sempre forman parte da reflexión estratéxica habitual. 

A xestión das emerxencias, neste sentido, sitúase como un elemento que vai máis alá do cumprimento normativo e que impacta directamente na capacidade de resposta dunha organización. 

Máis aló do networking 

Os Almorzos do Obradoiro continúan consolidándose como un espazo de encontro entre empresas no que o valor non reside unicamente no networking, senón na xeración de coñecemento útil para a toma de decisións. 

A III edición reforzou esta liña, poñendo o foco nun tema que afecta directamente á responsabilidade e á preparación das organizacións. 

Porque, cando se produce unha emerxencia, o importante non é só reaccionar. 

É saber como facelo. 

Queremos ser o teu partner enerxético

Sal-icita el teu estudi personalitzat

Solicite o seu estudo personalizado