Dende o Grupo E.nova Enerxía, máis concretamente dende as filiais Iniciativa E.green e Iniciativa E.nova, cremos que o éxito empresarial e a responsabilidade ambiental deben ir sempre da man. Non so se trata de ofertar os mellores servizos, senón de asegurar que o camiño que percorremos para logralo deixe a menor pegada posible no noso planeta.
Este último ano foi clave nesta estratexia. Grazas ao esforzo colectivo de toda a equipa e mediante a implantación de políticas conscientes, logramos dar un gran paso na redución de emisións e na protección da nosa contorna natural.
Acción local con impacto global
Unha das iniciativas das que nos sentimos máis orgullosos son as xornadas de forestación con especies autóctonas que levamos a cabo no 2025.
En febreiro de 2025 a equipa uniuse ao proxecto de restauración e custodia ambiental da Fundación Montescola, na Comunidade de Montes de Froxán. Durante a xornada replantáronse aproximadamente 490 árbores e especies autóctonas.
En novembro, tamén de 2025, parte da equipa trasladouse nesa ocasión á ribeira do Ulla, no concello de Vedra, para facer unha replantación na finca Barreira da man da Fundación Naiterra, chegando a replantar aproximadamente 480 castiñeiros, cerdeiras, freixos, salgueiros e carballos, entre outras especies.
Esta acción non só contribúe de xeito directo á compensación de CO2 e á loita contra o cambio climático (estimamos que as xornadas axudarán á redución de 10,4 toneladas de CO2 cada ano), senón que tamén axuda a recuperar a biodiversidade local, protexer o chan e restauran os nosos ecosistemas protexidos. É a nosa forma de devolverlle á terra parte do que nos dá.
A eficiencia que se nota
O respecto polo medio ambiente comeza dende dentro, nas nosas propias oficinas e centros de traballo. Coa posta en marcha de medidas de optimización enerxética e a concienciación de todo o persoal, acadamos un fito histórico na organización: reducir o consumo eléctrico por empregado en comparación co ano anterior. No ano 2025 o consumo por empregado foi de721,15 kW, o que supuxo unha redución aproximada do 25% con respecto ao ano anterior (967,5 kW/empregado en 2024).
Este logro demostra que os pequenos xestos diarios de cada un de nós, como o uso eficiente da climatización ou o apagado de equipos, suman para acadar obxectivos ambiciosos.
O aval dos nosos selos de calidade e medio ambiente
Todas esas iniciativas non son accións illadas senón que forman parte do noso sistema de xestión integrado. Para nós, o mantemento dos nosos recoñecidos selos ISO 9001 e ISO 14001 é unha prioridade absoluta.
Estas certificacións son o resultado do noso rigor:
- A ISO 9001 asegura que este compromiso non compromete a nosa excelencia, senón que a potencia, ofrecendo aos nosos clientes un servizo de calidade que ademais é sostible.
- A ISO 14001 garante que cada proceso da nosa empresa está deseñado para minimizar o impacto ambiental, dende a xestión de residuos ata a redución de emisións que hoxe celebramos.
Mirando cara adiante
Acadar os obxectivos marcados para este ano non é a meta final, senón o impulso para seguir mellorando. Queremos agradecer a cada cliente, provedor e, sobre todo, a cada membro do noso equipo por facer posible estes resultados.
O futuro será verde, ou non será. E no Grupo E.nova Enerxía xa estamos a construílo.