Casos de éxito
Aspanaex Coia
E.nova Enerxía vén de construír unha planta fotovoltaica nas instalacións de Aspanaex en Coia (Vigo). En modalidade de PPA On-site a planta conta cunha potencia de 80 kW e unha produción anual estimada en torno aos 112.750 kWh.
Sumándose ao autoconsumo fotovoltaico, estímase que Aspanaex evitará a emisión de máis de 40 toneladas de CO2.
Aspanaex leva dende o ano 1963 traballando para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. Os seus proxectos están orientados a que as persoas con discapacidade intelectual leven a cabo o seu proxecto de calidade de vida como cidadán de pleno dereito.
POTENCIA
0
kW
PRODUCIÓN ANUAL
0
kWh
REDUCIÓN EMISIÓNS
0
t/ano