Mar da Ardora

O Hotel Mar da Ardora Wellness&Spa de Fisterra súmase á carteira de clientes de E.nova Enerxía. Coa construción dunha planta fotovoltaica de 12kW, este hotel xa aproveita os beneficios económicos e ambientais do autoconsumo enerxético. Ademais, conta cunha batería de 15kWh de capacidade. Cunha produción anual estimada de 15.843kWh, a nova planta subministrará ao Mar da Ardora máis da metade da enerxía que precisa. Mar da Ardora leva 13 anos ofrecendo unha oferta de aloxamento selecta, cunhas incríbeis vistas directas ao mar e unha localización incomparábel: dentro da ruta Starlight e na etapa final do Camiño de Santiago. Situado nun entorno natural privilexiado, concíbese como unha alternativa de turismo sustentábel.  

POTENCIA


0 kW
PRODUCIÓN ANUAL

0 kWh
AUTOCONSUMO
0 %
REDUCIÓN EMISIÓNS
0 t/ano
CAPACIDADE ALMACENAMENTO
0

Queremos ser o teu partner enerxético

Sal-icita el teu estudi personalitzat

Solicite o seu estudo personalizado