O Real Decreto-Lei 7/2026 introduce un conxunto de medidas que afectan directamente ao marco enerxético actual, nun contexto no que a xestión da enerxía pasa a ser un elemento estratéxico para as empresas.
Non se trata unicamente dun paquete de medidas urxentes. O decreto redefine custos, autoconsumo, electrificación e fiscalidade, configurando un escenario no que a análise e a capacidade de decisión resultan determinantes.
A continuación detállanse as principais medidas, organizadas segundo os seus ámbitos de impacto.
1. Custos regulados da electricidade
No ámbito dos custos eléctricos, o decreto introduce medidas de aplicación directa sobre a factura enerxética.
- Redución do Imposto Especial da Electricidade (IEE) ao 0,5% para todos os consumidores. En vigor dende o 22/03/2026 e até o 30/06/2026.
- Minoración na súa totalidade do Imposto sobre o valor da produción de electricidade (IVPEE) durante o 2º trimestre de 2026. Isto afecta de forma indirecta ao prezo da enerxía que chega aos consumidores, pois reduce o custo de produción da xeración de electricidade.
- Redución do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) ao 10% para consumidores con potencia contratada inferior a 10 kW. En vigor dende o 22/03/2026 e até o 30/06/2026.
- Redución das peaxes de acceso ás redes de transporte e distribución, só sobre a Industria Electrointensiva
- Redución directa na factura eléctrica do 80% das peaxes de enerxía activa e potencia.
- Con efectos dende o 1 de xaneiro de 2026 e até o 31 de decembro de 2026.
- Aplicarase aos consumidores que, no momento da entrada en vigor do Real Decreto-Lei 7/2026, dispoñan do certificado de consumidor electrointensivo ao que se refire o capítulo II do Real Decreto 1106/2020, do 15 de decembro, polo que se regula o Estatuto dos consumidores electrointensivos.
2.Autoconsumo fotovoltaico
O decreto introduce modificacións relevantes sobre o marco normativo do autoconsumo.
- Modificacións sobre a Lei do Sector Eléctrico (Lei 24/2013).
- Regúlase por vez primeira a figura do xestor de autoconsumo.
- Obrígase ás distribuidoras a prestar un servizo de apoio aos titulares de instalacións de autoconsumo e aos seus representantes, for un xestor de autoconsumo ou unha comercializadora.
- Melloras sobre o Real Decreto de Autoconsumo (RD 244/2019).
- Flexibilízanse as condicións para o autoconsumo próximo a través da rede e amplíase o seu radio máximo a 5 km.
- Consolídase a posibilidade de combinar as dúas seguintes modalidades de autoconsumo: autoconsumo individual sen excedentes + autoconsumo a través de instalacións próximas e asociadas a través da rede.
- Liberación de capacidade para autoconsumo en nodos reservados para concurso. Libérase o 10% da capacidade reservada para os concursos de xeración para a súa asignación a instalacións de autoconsumo que cumpran coa seguinte condición: o cociente entre a potencia contratada no período P1 e a potencia de xeración instalada sexa, polo menos, de 0,5.
- Adóptanse medidas para promover as comunidades enerxéticas, como dotar ás autoridades locais de novas ferramentas para fomentar o autoconsumo, a transición enerxética e a promoción ou participación nas comunidades enerxéticas dentro do seu territorio.
3.Bombas de calor (aerotermia)
Plan de promoción de bombas de calor mediante Certificados de Aforro Enerxético:
- Introduciranse factores de corrección con efecto multiplicador que favorezan a conversión en CAEs dos aforros enerxéticos acreditados pola incorporación de bombas de calor, cando estas substitúan caldeiras fósiles. Estes factores terán unha duración específica para facilitar a activación urxente das medidas e incrementaranse no caso de actuacións realizadas en fogares vulnerables.
- Modificación na Lei de Propiedade Horizontal (Lei 49/1960) para incluír unha mención ás bombas de calor, co obxectivo de impulsar a súa instalación en comunidades de propietarios.
4.Medidas fiscais
O decreto incorpora tamén medidas fiscais que impactan directamente na toma de decisións empresariais:
- Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).
- Deducción do 15% en IRPF por adquisición de vehículos eléctricos e puntos de recarga. Mantense o incentivo fiscal destinado a promover investimentos en novos vehículos FCV, FCHV, BEV, REEV ou PHEV, ou en novas instalacións de carga, tanto para uso privado como accesibles ao público.
- Amplíase o prazo para a aplicación da dedución por obras de mellora da eficiencia enerxética nas vivendas, permitindo reducir o consumo de enerxía primaria non renovable ou a demanda de calefacción ou refrixeración. Foméntase a instalación de sistemas de autoconsumo, prorrogando nun ano máis o prazo para a aplicación da dedución prevista.
- Imposto sobre Sociedades (IS).
Mantense a posibilidade de amortizar libremente os investimentos realizados en:
- Novos vehículos FCV, FCHV, BEV, REEV ou PHEV ou en novas instalacións de carga, tanto para uso privado como accesibles ao público.
- Instalacións destinadas ao autoconsumo de enerxía eléctrica.
- Instalacións de bombas de calor, sempre que utilicen enerxía procedente de fontes renovables e substitúan instalacións que consuman enerxía procedente de fontes fósiles non renovables.
Un escenario que require interpretación
O Real Decreto-Lei 7/2026 define un novo marco no que as empresas deben integrar estas medidas dentro da súa planificación enerxética.
A redución de custos, o impulso ao autoconsumo, a electrificación e os incentivos fiscais forman parte dun mesmo contexto que condiciona a toma de decisións.
Neste escenario, a clave non está só en coñecer as medidas.
Está en saber interpretalas e aplicalas con criterio técnico.